Álex Hernández será intervido por unha lesión na súa boneca esquerda

O noso xogador e capitán do primeiro equipo Álex Hernández sufriu unha rotura de ligamento na súa boneca esquerda que vai requirir someterse a unha intervención cirúrxica en próximas datas. Os servizos médicos do club aconsellaron ao xogador non continuar na dinámica do equipo a pesar da súa dispoñibilidade para axudar na recta final da tempada e desde o club desexamos ao noso capitán unha pronta e óptima recuperación.

#ForzaAlex #ForzaCapitán