Achégase o verán e con el o noso Campus Milenium que chega ao seu XXX edición! Unha cifra especial que celebramos cunha nova localización e unha gran sorpresa, trasladámonos ao Colexio Obradoiro e teremos piscina!
O Campus Milenium é unha iniciativa destinada a nenos e nenas entre 2009 e 2019 que busca a promoción do baloncesto nun contexto de lecer, con innumerables actividades multideportivas ao longo da xornada. O atractivo do Milenium, que é unha referencia neste tipo de eventos e bate récords de asistencia ano tras ano, vén dado porque combina todo tipo de actividades ao mesmo tempo que sitúa ao deporte da canastra como protagonista, favorecendo a práctica do baloncesto entre os mozos da cidade desde un concepto lúdico.
Desenvólvese durante dúas semanas: do 23 de xuño ao 27 de xuño (excepto festivo 24 de xuño), e do 30 de xuño ao 4 de xullo.
As actividades teñen lugar desde as 09.00 ás 18.00 horas, estruturadas en catro bloques. Dous deles son de baloncesto, con contidos de aprendizaxe pola mañá e con contidos máis lúdicos pola tarde. Os outros dous bloques son recreativos, con actividades ao aire libre. Como cada ano exporanse sorpresas e algunha actividade nova.
Igualmente nova é a localización do Campus Milenium, o Colexio Obradoiro, unha instalación con todo tipo de comodidades e servizos para vivir unha gran experiencia: piscina climatizada cuberta, pavillón de deportes con pista multiusos, pistas de futbito, cancha de voleibol, xardíns e amplos espazos ao aire libre. Ademais, o servizo de ecocomedor que impulsa o centro escolar asegura unha dieta sa para os participantes do Campus, con dietas equilibradas e produtos de proximidade.
Podes visitar a web do colexio para saber máis sobre as súas instalacións aquí
Doutra banda e como é habitual, realizaranse varias saídas durante o Campus para levar a cabo actividades noutras localizacións.
O prezo para as dúas semanas será de 380€ para xogadores do club e familia laranxa (abonados, fillos de abonados…) e de 430€ como tarifa xeral. Os segundos irmáns (e sucesivos) de familia laranxa pagarán 340€, mentres que nos restantes casos os segundos irmáns e sucesivos pagarán 385€. Lembramos que inclúe o servizo de autobuses á sede do Campus.
Aproveita a oportunidade de seguir gozando do baloncesto no verán nun contexto lúdico e formativo. Anímache a pasar un verán moi laranxa!
Inscríbeche aquí