A escuadra laranxa segue sumando vitorias e logra a doce en Cartaxena

O Leyma Coruña leva unha traballada vitoria a domicilio, despois dunha viaxe longa e dous partidos previos ás súas costas na mesma semana. A pesar do dominio laranxa, Grupo Caesa Cartagena plantou cara e no terceiro cuarto non deixou que o líder rompese o partido. Pola contra, os de Carles Marco tiveron que apertar os dentes para mellorar a súa defensa e compensar os seus erros a base de persistencia para rematar cun 80-89. O MVP do partido foi Abdou Thiam con 20 puntos, 4 rebotes, 1 asistencia e 25 de valoración.

#ACoruñaquereBasquet

👉 Audio da Rolda de Prensa post partido de Carles Marco