O Club Básquet Coruña e Grupo Osmos, a través do programa “16 partidos, 16 causas”, pon o foco no labor de ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral Adquirido da Coruña, nacida no ano 2000 grazas á iniciativa de persoas afectadas e as súas familias. A súa loita ao redor desta afección será a causa social do partido que o Leyma Coruña disputará este venres 31 de outubro no Coliseum fronte a Flexicar Fuenlabrada, encontro correspondente á xornada 6 de Primeira FEB,
Desde hai 25 anos, ADACECO traballa para mellorar a calidade de vida de quen sufriu algún tipo de dano cerebral sobrevindo, ofrecendo servizos de neurorrehabilitación especializados e personalizados que se adaptan ás súas necesidades e expectativas. Actualmente contan con máis de 450 persoas asociadas, das cales máis de 250 padecen esta situación e necesitan tratar as secuelas derivadas.
Este mes de outubro é especialmente significativo para todos eles, debido a que nel conmemóranse dúas datas relevantes: o 26 foi o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido e o 29 celébrase o Día Mundial do Ictus.
O Club Básquet Coruña e Grupo Osmos, a través do programa “16 partidos, 16 causas”, eloxiará no partido deste venres 31 de outubro no Coliseum, fronte a Flexicar Fuenlabrada da xornada 6 de Primeira FEB, o labor de ADACECO (Asociación de Dano Cerebral Adquirido da Coruña), nacida no ano 2000 grazas á iniciativa de persoas afectadas e as súas familias.
Desde hai 25 anos, esta entidade traballa para mellorar a calidade de vida de quen sufriu dano cerebral adquirido, ofrecendo servizos de neurorrehabilitación especializados e personalizados que se adaptan ás súas necesidades e expectativas. Actualmente contan con máis de 450 persoas asociadas, das cales máis de 250 viven con dano cerebral adquirido.
Este mes de outubro é especialmente significativo para todos eles, xa que o día 26 celebrouse o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido e o día 29 o Día Mundial do Ictus.




