A nosa nova tempada arrinca cun evento moi especial en Marineda City: a presentación do Leyma Coruña. Un encontro pensado para todos os afeccionados da Familia Laranxa que levades o escudo no corazón e non queredes esperar máis para animar ao noso equipo nesta tempada que promete.
Será unha tarde divertida que contará cunha charla motivacional do exxogador de baloncesto coruñés, Fernando Romay, e que será a antesala para a presentación dos nosos novos xogadores e da nosa querida mascota Leymita.
📍 Localización: Planta 2 (en fronte a Karting Marineda)
📆 Data: Xoves, 18 de setembro
🕖 Hora: 19h
🎁 Os xogadores lanzarán balóns ao público con premios que poderás trocar no Punto de Información da Porta B.