Joe Cremo, novo escolta para o Leyma Coruña

Joseph ‘Joe’ Robert Cremo (Scotia, Nova York, EEUU, 5 de novembro de 1996; 193cm) é a nova incorporación para o posto de escolta do Leyma Coruña na tempada 2025-26. O xogador norteamericano disputou a última tempada no San Pablo Burgos, acadando o título de campión de Primeira FEB e o consecuente ascenso á Liga Endesa.

Joe comezou o seu periplo baloncestístico no Albany Great Danes da NCAA, onde estivo tres tempadas, da 2015-16 á 2017-18. Os bos rexistros logrados chamaron a atención do Villanova Wildcats, disputando alí o seu último ano universitario. Tras o seu paso pola facultade, na tempada 2019-20 recalou na G-League, a liga de desenvolvemento da NBA, concretamente nos Long Island Nets.

Despois dunha campaña alí, puxo rumbo ao noso país, onde se incorporou ás filas do Zornotza de LEB Prata na tempada 2021-22. A súa gran actuación no conxunto vasco permitiulle asinar por Tizona Burgos, onde estivo as dúas tempadas seguintes, acadando na primeira o ascenso á LEB Ouro.

Este último curso disputouno no San Pablo Burgos, co que conseguiu o campionato de Primeira FEB e o ascenso á Liga Endesa, promediando 9.2 puntos, 2.8 rebotes e 2.0 asistencias.

Joe é un escolta que tamén pode ocupar a posición de tres. Ofensivamente é un bo manexador nas situacións do bloqueo directo, cunhas porcentaxes de tiro moi boas tanto de dous como de tres, e atópase cómodo xogando no poste baixo en situacións de superioridade.

Bienvenido ao club e á Coruña, Joe!