Abdou Thiam inicia a súa segunda etapa no Leyma Coruña

El Leyma Coruña anuncia a incorporación de Abdou Thiam (Dakar, Senegal, 13 de agosto de 1998; 211cm) para a próxima tempada 25-26. Thiam, un vello coñecido da familia laranxa, provén do Tizona Burgos, onde xogou as tres últimas tempadas.

A carreira profesional do pívot senegalés arrincou no Santo Domingo Betanzos de liga EBA, equipo que lle deu a oportunidade tras ‘ollar’ ao xogador nun vídeo de YouTube. Despois de tres campañas a un grandísimo nivel na cuarta categoría nacional, o Leyma Coruña chamou á súa porta en 2019 para que formase parte da súa plantilla en LEB Ouro. Tras dúas temporadas vestido de laranxa, saíu cedido ao Juaristi ISB, onde promediaría 6.2 puntos e 5.9 rebotes por encontro.

Na tempada 22-23 logrou o ascenso de LEB Plata a LEB Ouro co Tizona Burgos, club no que se mantivo desde entón e onde foi mellorando os seus rexistros ano a ano, pasando de 7.5 puntos e 5.7 rebotes por partido en LEB Plata a 8.1 y 5.5, respectivamente, na LEB Ouro.

Abdou é un pívot moi áxil, capaz de correr a pista e de dominar no rebote nambos aros. Ten moi bos rexistros na anotación preto da canastra, ademais dun tiro moi sólido de 4-5 metros. Tamén é quen de defender as diferentes situacións de bloqueo directo con solvencia.

¡Benvido de volta Abdou, ao club e á Coruña!