INDICACIÓNS SOBRE A VENDA DE ABONOS TEMPADA 25/26

DATAS CLAVE:

  • Con reserva de abono:
  • Renovación abono/cambio de asento (Abonados tempada 24/25): Do 30 de xuño ao 13 de xulio.
  • Novos abonados: Do 14 ao 27 de xullo.

 

IMPORTANTE: Se non formalizas o teu abono antes do 27 de xullo perderás a túa reserva.

  • Sen reserva de abono:
  • Abonados tempada 24/25 e novos abonados: Do 30 xullo ao 31 de agosto.

 

OBSERVACIÓNS:

Se tes calquera outra dúbida sobre o proceso de formalización do teu abono podes escribir a abonados@basquetcoruna.com ou chamar, en horario de 10h-14h, ao teléfono 604 088 806

Ten en conta que a Grada de Animación estará ubicada no Tendido Medio Lateral 2.

 

1.- MODALIDADES DE COMPRA:

Compra ON-LINE:

 

Compra PRESENCIAL:

  • Inicio: Mércores 2 de Xullo ás 10:00h.
  • Horario: L-V laborais de 10h-14h.
  • Lugar: Oficina do Club – C/Arquitecto Rey Pedreira, 3, Baixo.

 

2.- DESCONTOS DE ABONOS: Os descontos dos prezos de abonos NON son acumulables.

Para beneficiarse dun desconto deberás marcalo no momento de comprar o teu abono. No caso de non seleccionalo nese momento perderás o teu dereito ao desconto.

 

3.- DESCOENTO FAMILIAR POR FILLOS/AS MENORES DE 25 ANOS: No momento de formalizar os abonos deberá acreditarse a relación de parentesco entre abonado/a proxenitor/a e fillos/as mediante a presentación da correspondeente documentación.

Admítense as seguintes opcións:

  • Certificado de Nacemento
  • Libro de Familia
  • Certificado de Empadroamento (da Unidade Familiar), xunto cos DNI de toda a familia.

 

4.- FORMA DE PAGO: 

No campo “Forma de Pago” podes elixir unha destas dúas opcións:

  • Tarxeta: Para pago inmediato.
  • Domiciliación: Para pago fraccionado.
    • NOTA: o pago fraccionado ten un recargo do 5% que se virará aparte como un recibo independente.
    • Os pagos fraccionados son 3. O primeiro realízase no momento de formalización do abono e os 2 restantes con data 31 de agosto e 30 de setembro.

 

Compra ON-LINE:

  • Ao elixir a modalidade de pago fraccionado no sistema deberase cumprimentar e asinar on-line o documento de domiciliación SEPA  que se mostrará en pantalla.

 

Compra PRESENCIAL:

 

5.- PASOS QUE DEBES SEGUIR PARA FORMALIZAR O TEU ABONO:

  • Accede á túa área de usuario (co teu usuario e clave).
  • Aquí ábrense varias posibilidades:
    • Se tes reserva de abono, fuches abonado da tempada 24/25 e queres renovar o teu abono no mesmo asento: Fai clic en “Renovar abono”, procede ao pago e xa terás o teu abono para a nova tempada.
    • Se tes reserva de abono, fuches abonado da tempada 24/25 e queres cambiar de asento: Fai clic en “Cambiar sitio”, selecciona o novo asento, procede ao pago e xa terás o teu abono para a nova tempada.
    • Se tes reserva de abono e non fuches abonado da tempada 24/25: Selecciona o asento que queres, procede ao pago e xa terás o teu abono para a nova tempada.
    • Se non tes reserva, foses abonado ou non, terás que seleccionar o asento que che interese, proceder ao pago e xa terás o teu abono.

 

*É imprescindible aceptar as Condicións de compra para poder acceder á pasarela de pago.

**Debes seleccionar a forma de pago (tarxeta/domiciliación) según queiras pagar no momento ou a prazos.

***No caso de desconto familiar debe seleccionarse o que corresponda no menú despregable e facer clic en “validar”.

 

6.- GRADA DE CANTERA:

  • Os abonos de canteira (tanto de xogadores como de familiares) SÓ poderán realizarse PRESENCIALMENTE.
  • Observacións:
    • NON haberá adestradores da base na BANCADA CANTEIRA para atender aos canteiráns. Os proxenitores/titores legais son os responsables do coidado e atención dos seus fillos durante os partidos.
    • As datas de formalización dos abonos son os mesmos que para calquera outra persoa que desexe abonarse. Dado que a  venda é só presencial, a apertura é o mércores 2 de xullo.
    • O prezo especial para a Canteira (25€) é exclusivo da Bancada de Canteira (Tendido Medio 1, Fondo). No resto de zonas do Coliseum o prezo é o correspondente á zona segundo a súa idade.
    • Os familiares dos xogadores poderán adquirir abonos na Bancada de Canteira ao prezo que corresponda (Tendido Medio 1, Fondo).
    • No momento de facer o #abono deberán mostrar o seu código QR de Cluber, dispoñible na devandita aplicación. Os pasos para localizar este código son os seguintes:
      • Entrar na aplicación.
      • No perfil de tutor, facer clic en “Carnet” na parte inferior da pantalla.
      • Facer clic en “Mostrar QR”.

PREZOS DE ABONOS CON RESERVA

Nota: O prezo do abono inclue os 17 partidos de liga regular en Primeira FEB, ademais dos encontros de Copa España. No caso de que o Leyma Coruña dispute os playoff de ascenso á Liga Endesa, estes non están incluidos no abono.

(*) Prezos para Abonos formalizados con Reserva de Abono