Despois de cinco días cheos de actividade e enerxía, os preto de 200 participantes do Campus Millenium regresarán o vindeiro luns ás instalacións do Colexio Obradoiro, que este verán acolle por primeira vez o noso campus máis emblemático.
Nos amplos espazos do centro escolar desenvolvéronse todo tipo de actividades, co baloncesto como gran protagonista, ademais de beisbol, taekwondo, rugby, judo… e momentos para o xogo e o mergullo na piscina.
Aínda por riba, os nenos e nenas asistentes realizaron saídas para gozar do laser tag, o boxeo, a boleira e o minigolf, ademais de visitar as Fragas do Eume e a Granxa Escola O Ventoso.
E a próxima semana non promete menos, porque haberá ocasión para probar a esgrima, os karts, os xogos tradicionais, as manualidades, a escalada, o escape room, a gymkana de auga… e tamén para darse unha volta por Urban Planet e Aquapark de Cerceda. Iso si, co baloncesto sempre presente en cada xornada!