Carles Marco dirixirá ao Leyma Coruña na próxima tempada

O Leyma Coruña xa ten novo técnico para o regreso á Primeira FEB. O proyecto da tempada 2025/26 estará encabezado por Carles Marco (Badalona, 1974). O xa adestrador do conxunto laranja arrincou a súa carreira nos bancos na tempada 2012/13 como adestrador axudante de Manresa na Liga Endesa.

Tras catro tempadas na entidade catalá, asume o papel de adestrador principal no Oviedo Club de Baloncesto, equipo que dirixe entre as tempadas 2015/16 e 2017/18, gañando a Copa Princesa e acadando as semifinais de Playoff de ascenso á Liga Endesa na súa última tempada. Posteriormente enrolouse no Palencia antes de recalar en Bàsquet Xirona para dirixir ao equipo catalán na súa primeira tempada na LEB Ouro (2020/21).

En novembro de 2022, Marco pon rumbo ao Estrela Vermella de Belgrado como axudante de Dusko Ivanovic. No conxunto serbio gaña a Copa e a liga Serbia, ademais de quedar subcampión da liga Adriática. A seguinte tempada, a 2023/24, forma parte do staff do Barça como axudante de Roger Grimau. Esta última campaña foi asistente de Tiago Splitter no Paris Basketball, co que se alzou como campión de Copa Francesa e Liga Francesa.

Carles Marco é un adestrador ao que lle gusta o xogo alegre, dinámico e divertido para o espectador, con transicións rápidas baseadas nunha defensa agresiva. Dá moito valor a poder defender moi forte e físico, para así poder conseguir transicións tras rebote defensivo, tras canastra…

Dende o Básquet Coruña dámoslle a benvida ao noso Club e desexámoslle moita sorte nesta nova etapa. Benvido Carles!