A Fundación ADCOR (Fundación Adultos Discapacitados da Coruña) é unha organización sen ánimo de lucro que nace en 1996, froito da tenacidade e a perseveranza dun grupo de pais de futuros usuarios que, buscando un futuro mellor para os seus fillos, lograron o apoio de institucións públicas e privadas para poñer en marcha unha iniciativa cunha misión definida: Facilitar a vida ás persoas adultas con discapacidade psíquica e ás súas familias. Actualmente, dedícase a mellorar a vida das persoas adultas en situación de dependencia.
Dita fundación leva a cabo distintos proxectos con obxecto de prestar atención ao colectivo das persoas con dependencia. Para iso desenvolven os seguintes servizos: de Información, Orientación e Asesoramento, de Formación, de Emprego, de Lecer, de Vivenda, Residencial Terceira Idade e Residencial Discapacidade.