Brandon Taylor finaliza a súa etapa no Leyma Coruña

O Club Básquet Coruña e Brandon Taylor pactaron a saída de mutuo acordo, unha vez que o xogador recibiu unha oferta do Virtus Bolonia para disputar os playoff polo título da Serie A, a primeira división da liga de baloncesto italiana.

A entidade laranxa agradece a Brandon o seu gran traballo e compromiso dentro e fóra da cancha ao longo desta tempada formando parte do noso Club e deséxalle os mellores éxitos #ante esta relevante oportunidade que se abre na súa traxectoria profesional.