XORNADAS DE PORTAS ABERTAS TEMPADA 25-26

O Club Básquet Coruña, no marco de promoción do baloncesto base, organiza as “Xornadas de portas abertas” destinadas a todos aqueles xogadores/as, nacidos entre os anos 2008 e 2017 (ambos os dous incluídos), que desexen disputar a tempada 2025-2026 nos diferentes equipos da canteira laranxa.

As datas de realización destas xornadas, dirixidas a categorías femininas e masculinas, están fixadas para os días 16-17-18 de xuño do 2025 (cada categoría adestrará dous destes tres días).

Desenvolveranse do seguinte modo:

– Categoría JUNIOR: Correspondente aos anos 2008-2009.

– Categoría CADETE: Correspondente aos anos 2010-2011.

– Categoría INFANTIL: Correspondente aos anos 2012-2013.

– Categoría MINI: Correspondente aos anos 2014-2015.

– Categoría PREMINI: Correspondente aos anos 2016-2017.

 

Para poder gozar destas sesións totalmente gratuítas, as familias deberán facer click en “INSCRIBIRSE” e encher o formulario.

A data límite de inscrición para participar será ata o luns 16 de xuño.

Unha vez enchido o formulario, o Club Basquet Coruña poñerase en contacto coa familia, co fin de facilitarlle os horarios e instalacións de adestramento para esta xornada.

O Club Básquet Coruña NON proporcionará seguro deportivo para os participantes desta actividade.

Prezos (tarifa de servizo e impostos incluídos)*

Tarifa Gratuita – 0 €

Disponibilidade:

Desde xoves, 29 de maio de 2025
Ata luns, 16 de xuño de 2025