Campus
O Club Básquet Coruña, a través dos seus campus, ofrece unha oportunidade única para que os nenos e nenas se introduzan no mundo do baloncesto mentres fomentan o seu desenvolvemento persoal. Máis alá de perfeccionar as súas habilidades deportivas, os nosos campus promoven valores fundamentais como o compañeirismo, o esforzo, a responsabilidade e o respecto. A través do xogo e da convivencia, o deporte convértese nunha poderosa ferramenta educativa que contribúe a formar persoas íntegras tanto dentro como fóra da pista.
Campus Millenium
Durante máis de trinta anos, o Club Básquet Coruña vén celebrando o seu emblemático Campus Millenium, destinado a promover o baloncesto nun contorno lúdico e veraniego tras o remate do curso escolar. Nenos e nenas de entre 5 e 16 anos participan nunha ampla variedade de actividades multideportivas que, edición tras edición, espertan gran expectación e gozo. O Campus Millenium consolidouse como un evento de referencia, batendo récords de asistencia cada ano, co baloncesto como protagonista absoluto.
A edición de 2025 celebrouse entre o 23 de xuño e o 4 de xullo (excepto o festivo 24 de xuño), no Colexio Obradoiro.
Descobre máis información aquí
Atlantic Básquet Camp
No mes de xullo, o Club ofrece un campus intensivo dunha semana para mozos e mozas de entre 11 e 16 anos, co obxectivo de potenciar as súas habilidades baloncestísticas. Impártense sesións especializadas de técnica-táctica individual, análise e avaliación dos adestramentos mediante ferramentas tecnolóxicas de vangarda, xunto con sesións de táctica colectiva e preparación física adaptadas ás necesidades de cada deportista. Este campus consolidouse como un dos mellores para impulsar o desenvolvemento deportivo da mocidade no baloncesto.
A edición de 2025 celébrase entre o 6 e o 12 de xullo no Colexio Liceo A Paz.
Se queres saber máis sobre o campus fai clic aquí
Campus Nadal
Durante as festividades do Nadal, o Club organiza este campus co fin de favorecer a conciliación familiar en plena época de vacacións escolares e compromisos laborais. É unha proposta lúdico-deportiva que promove a práctica do baloncesto nun ambiente de diversión, dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Campus Semana Santa
Con un propósito similar ao do Campus Nadal, o Club ofrece unha alternativa para o descanso escolar da Semana Santa, brindando unha experiencia de baloncesto e diversión para os máis pequenos, dentro do mesmo rango de idades do Campus Nadal.