O dano cerebral adquirido protagoniza “17 partidos, 17 causas” de Grupo Osmos

O traballo que desenvolve ADACECO (Asociación de Dano Cerebral da Coruña) será o foco de atención do programa “17 partidos, 17 causas” este sábado 31 de outubro no Coliseum, durante o encontro que o Leyma Coruña disputará fronte a La Laguna Tenerife (Xornada 6 de Liga Endesa).

Esta iniciativa solidaria, promovida por Grupo Osmos e Club Básquet Coruña ao longo de toda a tempada, dará visibilidade ao traballo dunha entidade que ten como misión principal mellorar a calidade de vida das persoas que sufriron unha lesión cerebral repentina (como un ictus, un traumatismo cranioencefálico, un tumor ou anoxia) e a das súas familias, ofrecendo atención integral e neurorrehabilitación.

Centro de día terapéutico

Entre os seus servizos, ADACECO conta cun centro de día terapéutico dirixido ao coidado, neuro rehabilitación e atención integral ás persoas afectadas por dano cerebral e as súas familias, que combina e integra multitude de disciplinas, desde o tratamento en si ata actividades complementarias, lecer terapéutico, estimulación socioafectiva, relación social e respiro familiar, en modalidade de estancia diúrna.

+ info 👉 web de ADACECO