Unha primeira parte morna impediu a remontada ante o Casademont Zaragoza

O Leyma Coruña caeu no Coliseum fronte ao Casademont Zaragoza (71-92) penalizados por unha primeira parte na que faltou a enerxía e o acerto, especialmente desde a liña exterior. Os de Carles Marco deron outra casa tras vestiario, mellorando a defensa e recortando distancias, pero non foi suficiente para dar a volta ao marcador ante un rival que resultou especialmente letal desde o perímetro. O MVP do equipo foi Jacobo Díaz, con 9 puntos, 5 rebotes e 10 de valoración.