O proxecto ENKI, nacido na Coruña para promover a inclusión e visibilizar a realidade das persoas con diversidade física, mental ou sensorial, será a causa social do primeiro partido que o Leyma Coruña xoga no Coliseum nesta Tempada 2026-2027 da liga Endesa, no marco da iniciativa «17 partidos, 17 causas” que o Club Básquet Coruña impulsa co patrocinio do Grupo Osmos.
ENKI terá así o seu espazo protagonista nesta segunda xornada ligueira, dando visibilidade ao seu labor e poñendo o deporte ao servizo da inclusión. O proxecto ENKI celebrará o sábado 17 de outubro unha nova edición da súa Carreira pola Inclusión, unha cita que reunirá na Coruña a persoas de todas as idades e capacidades para reivindicar unha sociedade máis inclusiva e accesible, na que todas as persoas poidan participar en igualdade de condicións.