Desde o Club Básquet Coruña anunciamos a sexta tempada da nosa categoría “biberóns” dirixida a nenos e nenas das xeracións 2021, 2022 e 2023.
Como en tempadas anteriores, «Biberóns» contará coa presenza de adestradores do propio Club Básquet Coruña e constará dunha sesión de adestramento á semana -martes de 18.00 a 19.00- no Polideportivo de Sagrada Familia.
Esta actividade ten un carácter non competitivo, polo que as fins de semana non hai partidos.
Para realizar a pre-inscrición do neno/a, a familia deberá enviar un correo electrónico a categoriasbase@basquetcoruna.com indicando o nome completo e a data de nacemento. Unha vez recibido este correo, contestarase desde o propio Club indicando como formalizar a inscrición.
O prezo da actividade é de 23€ mensuais. Lamentablemente non podemos acoller a tod@s l@s niñ@s que se inscriban xa que as prazas son limitadas, polo que se dará acceso por rigorosa orde de chegada do mail. Así que dáte présa e #inscribir!.