Baby Basquet está de volta!

Desde o Club Básquet Coruña anunciamos, como cada tempada, a posta en marcha do noso “Baby Basquet” dirixido a nenos e nenas das xeracións 2019 e 2020.

«Baby Basquet” contará coa presenza de adestradores do propio Club e constará de dúas sesións de adestramento á semana -mércores e venres, de 18.00 a 19.00- no Polideportivo da Normal.

Esta actividade ten un carácter non competitivo, polo que as fins de semana non hai partidos. Aínda así, a FEGABA realizará periodicamente concentracións de carácter non competitivo, para que os nosos pequenos deportistas desfruten na cancha.

Para realizar a pre-inscrición do neno/a, a familia deberá enviar un correo electrónico a categoriasbase@basquetcoruna.com indicando o nome completo e a data de nacemento. Unha vez recibido este correo, contestarase desde o propio Club indicando como poderán formalizar a inscrición.

O prezo da actividade é de 35€ mensuais, cunha cota de inscrición de 70€. Lamentablemente non podemos acoller a tod@s l@s niñ@s que se inscriban xa que as prazas son limitadas, polo que se dará acceso por rigorosa orde de chegada do mail. Así que dáte présa e #inscribir!.