Despois de tres décadas, o Leyma Coruña conquistou esta tarde a súa segunda Copa Galicia da historia. Fíxoo no multiusos Fontes do Sar, tras vencer ao Río Breogán (102-93) nun partido de alta intensidade. Os de Carles Marcos, máis mornos na xornada previa fronte ao COB, o seu rival de semifinais, deron un paso adiante en todas as facetas, para delicia da afección laranxa desprazada ata Santiago de Compostela.
A entidade laranxa fíxose así cun título de especial significado para un club que quere seguir acrecentando a paixón polo baloncesto nunha cidade que encara con ilusión o regreso á máxima categoría do baloncesto español.
#AnosaArroutada