O Leyma Coruña segue sumando pezas ao seu plantel para a tempada 2026/27. Nesta ocasión, reforza o seu xogo interior con George Conditt IV (Chicago, Estados Unidos, 2000). Trátase dun pivote de 2,11 metros, que conta con experiencia como internacional coa selección de Porto Rico, coa que disputou a Copa do Mundo de 2023 e os Xogos Olímpicos de 2024.
Comezou a súa andaina na NCAA defendendo a camiseta de Iowa State Cyclones durante catro anos, alcanzando o torneo universitario “Sweet Sixteen” na súa última tempada. O seu debut profesional produciuse na tempada 2021-2022, en primeira división da liga de Porto Rico cos Xigantes de Carolina. Tras iso, puxo rumbo ao baloncesto europeo, concretamente a Grecia, recalando en Promitheas Patras onde tivo un papel salientable no equipo a pesar de a súa mocidade, disputando a primeira división e EuroCup.
Unha vez finalizada a tempada en Grecia volveu ao seu país para axudar aos Xigantes de Carolina a lograr o seu primeiro campionato nacional. Na tempada 2023-2024 uniuse aos Rip City Remix de G-League, onde obtivo o título de mellor defensor da liga e, tras a súa experiencia en EEUU, fichou por Dreamland Gran Canaria en ACB. Tras unha tempada no conxunto canario, agora chega procedente de Xigantes de Carolina, onde promedió 9.1 puntos, 8.3 rebotes e 1.5 asistencias.
George é un pivote con capacidade para xogar no poste baixo, rebotear, intimidar e correr a pista. Adáptase ao estilo de xogo do equipo, con enfoque de xogador de bloqueo directo e continuacións do roll, boas finalizacións preto de canastra e un poste baixo solvente.
Bienvenido ao club e á Coruña, George!