O Club Básquet Coruña en colaboración co Banco de Alimentos Provincia da Coruña pon en marcha unha campaña de doazóns para axudar ás persoas afectadas polos terremotos sufridos en Venezuela.
A conta habilitada polo Banco de Alimentos para este fin é 👉🏼ES70 2080 0058 1530 4005 4813
Todo o recadado destinarase a Cruz Roja Venezolana para apoiar o seu traballo de axuda aos damnificados nas zonas sinistradas.
As persoas e entidades que realicen doazóns poderán deducilas fiscalmente. Con este fin, podes descargar o formulario accesible AQUÍ. Unha vez cumprimentado, envíao escaneado ao correo electrónico contabilidad@balrial.org indicando no asunto “solicitude de certificado de doazóns”. Recibirás o teu certificado na mesma dirección de correo desde a que nos escribas.
Súmate e axuda a Venezuela! 🙏🏼