Un Coliseum tinguido de laranxa empuxa ao Leyma Coruña para gañar o billete ao definitivo duelo da Final Four

A semifinal entre o Leyma Coruña e o Súper Agropal Palencia cumpriu coas expectativas: un partidazo por parte de ambos os escuadros que fixeron vibrar ás respectivas afeccións que apertaron ata o final, o mesmo que os seus xogadores. Tras unha primeira parte igualada e de gran intensidade defensiva, os de Carles Marco tiveron que exercer ao máximo a resiliencia para ir desgastando ao rival, a base de dar un paso adiante en defensa, peche do rebote e lograr correr para mellorar paulatinamente o acerto, especialmente desde o perímetro, e asinar o choque cun 92-81 que lle abre a porta á definitiva final, mañá no Coliseum, ás 19.00 horas. O MVP do encontro foi Caio Pacheco, con 25 puntos, 4 rebotes e 24 de valoración.

#ACoruñaQuereBasquet