O Leyma Coruña pon o broche de ouro á liga regular da presente tempada coa vitoria lograda esta tarde na pista de Son Moix fronte ao Fibwi Mallorca Bàsquet Palma (76-94), ao descansar na última xornada que terá lugar o 8 de mayo en horario unificado. Os de Carles Marco arrincaron con forza e foron superiores nos primeiros 15 minutos do choque, grazas á efectividade no xogo interior. A desconexión do equipo laranxa no ecuador do encontro e un maior acerto do rival deu aos locais lixeiras vantaxes, aínda que o Leyma Coruña soubo refacerse das dúbidas e coller voo no rebote e desde a liña de tres. O MVP do encontro foi Mus Barro, con 15 puntos, 5 rebotes, 1 asistencia e 21 de valoración.
#ACoruñaquereBasquet
👉 Audio da Rolda de Prensa post partido de Carles Marco