Joe Cremo lévase o sexto galardón “Xogador Estrella Galicia” da tempada. O noso escolta recibe por primeira vez este recoñecemento, que recolleu esta mañá no Coliseum da Coruña.
O xogador estadounidense obtén este premio ao ser o máis votado polos afeccionados coruñeses a través das redes sociais do club. Joe superou na votación a Caio Pacheco e Paul Jorgensen.
Joe asegurou que “sinta ben recibir este premio, pero sempre entendín que calquera recoñecemento individual vén do éxito do equipo en baloncesto, teño grandes compañeiros este ano e grandes adestradores que me poñen nunha posición de ter bos rexistros dirixidos a lograr o éxito do equipo”.
En relación á situación actual do equipo, Joe indicou que “estamos nun momento un pouco duro, pero temos que traballar co feito de que chegamos moi lonxe esta tempada e tivemos moitos éxitos, así que necesitamos recuperar esas boas sensacións mañá. Temos o grupo adecuado de xogadores para facelo e tamén de adestradores, e estamos decididos a volver onde queremos estar”.