O traballo de Fundación Nortempo centrará a atención da iniciativa “16 partidos, 16 causas” coa que o Club Básquet Coruña e Grupo Osmos dan visibilidade a causas sociais relevantes que contribuyen a lograr unha sociedade mellor na nosa contorna. Será con ocasión do derbi deste sábado 11 de abril no Coliseum, entre Leyma Coruña e Monbus Obradoiro, no encontro correspondente á Xornada 29 de Primera FEB.
Fundación Nortempo é unha entidade sen ánimo de lucro fundada no ano 2005, no marco da responsabilidade social corporativa de Grupo Nortempo e coa vocación de xerar un impacto positivo no mercado laboral. O seu labor baséase en poñer en valor o talento de todas as persoas segundo as súas capacidades, con independencia da súa procedencia, condición, xénero, raza, relixión ou idade.
A misión da Fundación Nortempo é promover a orientación, a formación e a inclusión sociolaboral das persoas, prestando especial atención aos colectivos en situación de vulnerabilidade. Entre eles atópanse mulleres en situación de violencia de xénero, persoas con discapacidade, mozos e mozas menores de 30 anos con escasa formación, maiores de 45 anos, colectivos migrantes e outras persoas en risco de exclusión social.
A través da súa actividade, Fundación Nortempo impulsa a igualdade de oportunidades e a non discriminación, ao tempo que fomenta a sensibilización social como base para un mercado laboral máis dinámico e inclusivo. O seu compromiso tamén pasa por favorecer a adaptación das persoas traballadoras e das empresas ás necesidades cambiantes do entorno.