O Club Básquet Coruña anuncia que, tras as avaliacións médicas realizadas nos últimos días, o á-pivote do primeiro equipo Dino Radoncic foi diagnosticado cunha trombose venosa profunda que requirirá un período estimado de recuperación de doce semanas.
Seguindo as indicacións dos servizos médicos do club encabezados polo doutor Carlos Lariño do Hospital Quirónsalud A Coruña e co obxectivo de garantir unha recuperación completa e segura, o xogador permanecerá afastado da competición durante o devandito período, centrado no correspondente tratamento.
Desde o club queremos trasladar o noso total apoio a Dino neste momento e desexámoslle unha óptima recuperación, para volver gozar do seu gran xogo.
Pola súa banda, desde a dirección deportiva da entidade laranxa están a avaliarse as diversas opcións que ofrece o mercado co obxectivo de incorporar un perfil que supla a ausencia do xogador no que resta de tempada.
Forza Dino!