O Leyma Coruña sofre unha incontestable derrota ante un Súper Agropal Palencia que se puxo por diante no segundo cuarto cun rotundo parcial de 28-13 e non cedeu en acerto e intensidade para seguir aumentando distancias no terceiro cuarto. A pesar da dureza do choque e o marcador adverso, os de Carles Marco non tiraron a toalla ata o último suspiro, pero faltoulles a concentración e enerxía necesarias para frear a un gran rival, especialmente forte na súa casa, finalizando cun 99-87 que rompe a serie de 10 vitorias consecutivas e suma a segunda derrota da tempada. O MVP do equipo foi Caio Pacheco con 17 puntos, 3 asistencias e 17 de valoración.
#ACoruñaquereBasquet
👉 Audio de la Rueda de Prensa post partido de Carles Marco