O Coliseum celebrou unha nova vitoria do Leyma Coruña no seu regreso tras o parón pola xanela FIBA, asinando un valioso 83-74 fronte a un HLA Alicante que entrou máis forte que os locais, a quen gañou a batalla do rebote ofensivo e minguou o acerto exterior. Aínda así, os de Carles Marco tiraron de fame e talento para poñerse por diante no marcador no segundo cuarto e a partir de aí manter o pulso ao seu favor. O MVP do partido do choque foi Dino Radoncic con 15 puntos, 5 rebotes e 20 de valoración.
#ACoruñaquereBasquet