O Leyma Coruña suma unha máis na súa visita a Oviedo

A Familia Laranxa desprazada a terras asturianas en varios centenares gozou dun intenso e igualado partido no que ambos os equipos non deron o seu brazo para torcer en ningún momento. Os de Carles Marco tiveron que traballar duro para dar a volta a un duelo que na primeira parte foi dos locais, máis acertados de cada ao aro. Tras vestiario o Leyma Coruña apretou a defensa e rendibilizou mellor as segundas opcións para ir desgastando ao Alimerka Oviedo Baloncesto ata lograr levar un choque que finalizou cun resultado de 84-89. O MVP do partido foi Caio Pacheco con 24 puntos, 3 rebotes, 7 asistencias e 33 de valoración.

#ACoruñaquereBasquet

👉 Audio da Rolda de Prensa post partido de Carles Marco​