O Coliseum celebrou esta noite unha nova vitoria do equipo laranxa, que dominou o encontro fronte ao Fibwi Mallorca Básquet Palma, a pesar de que os visitantes realizaron un primeiro cuarto de alta presión sobre os líderes da competición. Os de Carles Marco brillaron especialmente na defensa e o rebote, e aproveitaron a súa maior rotación para poder levar o duelo cun 94-72 e dar unha nova alegría á Familia Laranxa. Os MVP do conxunto local foron Mus Varro e Guillem Jou, o primeiro con 9 puntos e 7 rebotes, e o segundo con 12 puntos e 5 rebotes, para sumar un 17 de valoración.
#ACoruñaquereBasquet