A Coruña, 15 de Xaneiro de 2026 – Caio Pacheco leva o terceiro galardón “Xogador Estrela Galicia” da tempada, ao alzarse co MVP de Decembro, tras o primeiro trimestre de competición. O base brasileiro recibe por primeira vez este recoñecemento, que recolleu esta mañá no Coliseum da Coruña da man de #Luis Sánchez, promotor de Estrela Galicia na Coruña.
O mozo xogador obtén así este galardón ao ser o máis votado polos afeccionados coruñeses a través das redes sociais do club. Caio superou na votación a Paul Jorgensen e Abdou Thiam.
O xogador do conxunto herculino asegurou estar contento e recuperado tras a súa lesión. Ademais, comentou este recoñecemento “dáse a un xogador, pero é de todos os compañeiros e de todos os que me axudaron, sen eles non xogase ben nin logrado o premio. Estou contento persoalmente, pero tamén polo equipo”.
Sobre a súa etapa no Leyma Coruña, Caio indicou “atópome moi ben. É certo que as vitorias axudan a que o proceso sexa máis levadío e tranquilo. Estou moi contento co equipo, co que estamos a facer… Eu creo que cada vez vou adaptándome máis e sentíndome máis cómodo na cancha e cos compañeiros. Gañando fanse máis fáciles as semanas”.