FEAFES, protagonista de “16 partidos, 16 causas”, do Grupo Osmos

O Club Básquet Coruña e o Grupo Osmos, a través do programa “16 partidos, 16 causas” visibilizan o traballo de FEAFES Galicia (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), entidade que leva máis de 30 anos mellorando a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental, das súas familias e das persoas achegadas, ademais de defender os dereitos do colectivo.

Así, FEAFES protagonizará a causa social do partido entre o Leyma Coruña e Fibwi Mallorca Bàsquet Palma que terá lugar este venres 16 de xaneiro no Coliseum (Xornada 17 Primeira FEB).

FEAFES é unha organización sen ánimo de lucro que agrupa actualmente a doce asociacións repartidas por toda a xeografía galega, liderando o movemento asociativo das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias, así como promovendo a plena inclusión na comunidade.

Para ofrecer unha atención integral, FEAFES Galicia presta de forma gratuíta servizos de información e asesoramento personalizados, emprego e formación, lecer e deporte, comunicación e sensibilización, así como apoio ás asociacións que forman parte da federación.