O accionariado do Club Básquet Coruña SAD aproba as contas anuais da pasada Tempada 2024-2025

A Xunta Xeral Ordinaria do Club Básquet Coruña celebrada esta tarde en primeira convocatoria aprobou as Contas Anuais correspondentes ao exercicio económico terminado o 30 de xuño de 2025, unha vez auditadas favorablemente por Ruiz, Carnota, Blanco e Salgado Auditores, S.L.

Así mesmo, foron aprobados os restantes puntos da orde do día, que incluía a proposta de aplicación do resultado do exercicio económico da tempada 2024-2025 e a xestión do Órgano de Administración no devandito período (1 de xullo 2024 ao 30 de xuño de 2025).