Indicacións e prezos para gozar os partidos de liga regular desde a Xornada 15 á 33 da Tempada 25-26, ambos os incluídos (10 partidos no Coliseum)
Venda só ON-LINE:
Inicio: Xoves 18 de Decembro ás 12:00h.
Acceso: http://venta.basquetcoruna.t2v.com/
DESCONTOS DE ABONOS:
Os descontos dos prezos de abonos NON son acumulables.
Para beneficiarse dun desconto deberás marcalo no momento de comprar o teu abono. En caso de non seleccionalo nese momento perderás o teu dereito ao desconto.
DESCONTO FAMILIAR POR FILLOS/AS MENORES DE 25 ANOS:
Para beneficiarse deste desconto (10€) é imprescindible facer o abono de forma individual, e deberá acreditarse a relación de parentesco entre abonado/a proxenitor e fillos/as mediante a presentación da correspondente documentación: Certificado de nacemento, Libro de Familia ou Certificado de Empadroamento (da Unidade Familiar), xunto cos DNI de toda a familia.
OBSERVACIÓNS:
*É imprescindible aceptar as Condicións de compra para poder acceder á pasarela de pago.
*En caso de desconto familiar debe seleccionarse o que corresponda no menú despregable e facer clic en “validar”.
Se tes calquera outra dúbida sobre o proceso de formalización do teu abono podes escribir a abonados@basquetcoruna.com
Ten en conta que a Bancada de Animación estará situada en Tendido Medio Lateral 2.
BANCADA DE CANTEIRA:
- Os abonos de canteira (tanto de xogadores como de familiares) SÓ poderán realizarse PRESENCIALMENTE.
- Observacións:
- NON haberá adestradores da base na BANCADA CANTEIRA para atender aos canteiráns. Os proxenitores/titores legais son os responsables do coidado e atención dos seus fillos durante os partidos.
- O prezo especial para a Canteira (17€) é exclusivo da Bancada de Canteira (Tendido Medio 1, Fondo). No resto de zonas do Coliseum o prezo é o correspondente á zona segundo a súa idade.
- Os familiares dos xogadores poderán adquirir abonos na Bancada de Canteira ao prezo que corresponda (Tendido Medio 1, Fondo).
- No momento de facer o abono deberán mostrar o seu código QR de Cluber, dispoñible na devandita aplicación. Os pasos para localizar este código son os seguintes:
- Entrar na aplicación.
- No perfil de titor, facer clic en “Carné” na parte inferior da pantalla.
- Facer clic en “Mostrar QR”.
