O Leyma Coruña leva o derbi fronte ao COB e regala unha nova alegría á bancada

Na antesala do Nadal, os de Carles Marcos quixeron ofrecer a undécima vitoria consecutiva en liga regular, #ante unha Familia Laranxa que deu calor ao Coliseum nunha noite de mércores. O partido tivo un antes e un despois no paso por vestiarios. Tras unha primeira parte física e igualada pero na que houbo que remar para alcanzar a vantaxe dos visitantes e empatar no luminoso, o Leyma Coruña mellorou o rebote e a defensa, poñendo unha marcha máis e pechando o encontro cun 94-77. Houbo empate no MVP do encontro, entre Paul Jorgensen con 18 puntos e 4 rebotes, e Dino Radoncic con 12 puntos, 2 rebotes e 2 asistencias, e ambos os 18 de valoración.

#ACoruñaquereBasquet