O Leyma Coruña segue dando alegrías á súa afección -especialmente á desprazada ata Zamora- sumando unha nova vitoria no Ángel Nieto (69-81), nun choque no que o rival non o puxo fácil, especialmente nun terceiro cuarto no que melloraron o seu rebote defensivo para correr e aplicar a mesma medicina dos laranxas. Os de Carles Marco volveron dar o do de peito nos últimos minutos do encontro, con debut de Mus Barro e novo exercicio de resiliencia e superación nos momentos máis difíciles. O MVP do encontro foi Caio Pacheco con 11 puntos, 6 asistencias e 21 de valoración.
#ACoruñaquereBasquet