{"id":9955,"date":"2025-10-28T12:02:36","date_gmt":"2025-10-28T10:02:36","guid":{"rendered":"https:\/\/basquetcoruna.com\/?p=9955"},"modified":"2025-10-28T12:02:38","modified_gmt":"2025-10-28T10:02:38","slug":"vegalsa-eroski-e-o-club-basquet-coruna-renovan-o-seu-compromiso-polo-deporte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/vegalsa-eroski-e-o-club-basquet-coruna-renovan-o-seu-compromiso-polo-deporte\/","title":{"rendered":"Vegalsa-Eroski e o Club B\u00e1squet Coru\u00f1a renovan o seu compromiso polo deporte"},"content":{"rendered":"<p>Vegalsa-Eroski e o Club B\u00e1squet Coru\u00f1a renovaron por quinta tempada consecutiva a s\u00faa colaboraci\u00f3n a favor da promoci\u00f3n da sa\u00fade, a sostibilidade e a solidariedade desde o deporte. Fix\u00e9rono na que volve ser a casa do equipo coru\u00f1\u00e9s, o Coliseum, de man do director xeral da compa\u00f1\u00eda galega de distribuci\u00f3n alimentaria, Jos\u00e9 Manuel Ferre\u00f1o, e do presidente do club, Pablo De Amallo.<\/p>\n<p>\u00c1mbalas entidades queren seguir constru\u00edndo un proxecto conxunto que vai m\u00e1is al\u00f3 da pista, apostando polo deporte como veh\u00edculo de transformaci\u00f3n social. \u201cPara n\u00f3s \u00e9 un orgullo seguir apoiando ao Club B\u00e1squet Coru\u00f1a. Esta colaboraci\u00f3n perm\u00edtenos impulsar acci\u00f3ns sociais desde o deporte, as cales reforzan o noso prop\u00f3sito de xerar un impacto positivo na comunidade\u201d, sinala o director xeral de Vegalsa-Eroski, Jos\u00e9 Manuel Ferre\u00f1o.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, o presidente do Club B\u00e1squet Coru\u00f1a, Pablo De Amallo, expresou o seu agradecemento a Vegalsa-Eroski \u201cpor seguir ao noso lado unha tempada m\u00e1is, coa vista posta na promoci\u00f3n dun baloncesto que impulse a cohesi\u00f3n social, o respecto mutuo e os h\u00e1bitos saudables na nosa contorna, axudando especialmente \u00e1s novas xeraci\u00f3ns a ser mellores persoas a trav\u00e9s da pr\u00e1ctica e do espect\u00e1culo deportivo\u201d.<\/p>\n<p><strong>Deporte con prop\u00f3sito <\/strong><\/p>\n<p>O acordo entre Vegalsa-Eroski e o Club B\u00e1squet Coru\u00f1a non se limita ao \u00e1mbito deportivo, sen\u00f3n que se proxecta cara \u00e1 comunidade con acci\u00f3ns que promoven un estilo de vida saudable e solidario.<\/p>\n<p>Entre as actividades que se levar\u00e1n a cabo no marco desta colaboraci\u00f3n est\u00e1 a organizaci\u00f3n de tres talleres sobre h\u00e1bitos de vida saudables, enmarcados nos campus deportivos infant\u00eds de Nadal, Semana Santa e ver\u00e1n. A compa\u00f1\u00eda tam\u00e9n brindar\u00e1 apoio a catro causas solidarias impulsadas polo Club B\u00e1squet Coru\u00f1a, entre elas as visitas dos xogadores profesionais ao Hospital Materno Infantil da Coru\u00f1a durante o Nadal ou os encontros con usuarios de Down Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>Ademais, desenvolveranse actividades internas dirixidas \u00e1s persoas que forman parte de Vegalsa-Eroski, como unha xornada de encontro cos xogadores do primeiro equipo, e acci\u00f3ns dirixidas tanto a empregados como clientes, entre elas sorteos de entradas para toda a tempada e de camisetas asinadas.<\/p>\n<p>Vegalsa-Eroski contrib\u00fae ao desenvolvemento das actividades previstas no acordo como patrocinador oficial do equipo, que este ano compite na categor\u00eda Primeira FEB. A compa\u00f1\u00eda ser\u00e1 tam\u00e9n patrocinadora do marcador ao final de cada cuarto e dun dos partidos da tempada, nunha aposta por estar preto da afecci\u00f3n nos momentos clave do xogo.<\/p>\n<p><strong>Sobre el Club B\u00e1squet Coru\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p>O Club B\u00e1squet Coru\u00f1a, fundado en 1996, \u00e9 a entidade referente do deporte da canastra na cidade e a s\u00faa \u00e1rea de influencia. Pos\u00fae unha das maiores canteiras de toda Galicia, con preto de 800 nenos e nenas entre equipos federados e escolas vinculadas. O Club, que cumpre esta tempada os trinta anos de vida, impulsa numerosas iniciativas de promoci\u00f3n do baloncesto tales como campus, xornadas de portas abertas, charlas e visitas dos xogadores profesionais a centros educativos, as\u00ed como concursos escolares, todo iso nun marco de concienciaci\u00f3n social cara aos valores do deporte e os h\u00e1bitos saudables.<\/p>\n<p><strong>Sobre Vegalsa-Eroski<\/strong><\/p>\n<p>Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castilla y Le\u00f3n con 289 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski Center, Autoservicios Familia, Cash Record, Eroski City, Aliprox e Eroski Rapid. A s\u00faa estrutura comercial complem\u00e9ntase cunha moderna plataforma de mercador\u00edas xerais situada en Sig\u00fceiro, A Coru\u00f1a, dotada con tecnolox\u00edas lox\u00edsticas de \u00faltima xeraci\u00f3n, ademais das plataformas de produtos frescos da Coru\u00f1a e centros de redistribuci\u00f3n en Vigo e Ourense.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vegalsa-Eroski e o Club B\u00e1squet Coru\u00f1a renovaron por quinta tempada consecutiva a s\u00faa colaboraci\u00f3n a favor da promoci\u00f3n da sa\u00fade, a sostibilidade e a solidariedade desde o deporte. Fix\u00e9rono na que volve ser a casa do equipo coru\u00f1\u00e9s, o Coliseum, de man do director xeral da compa\u00f1\u00eda galega de distribuci\u00f3n alimentaria, Jos\u00e9 Manuel Ferre\u00f1o, e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":9953,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-9955","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-primer-equipo-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9955","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9955"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9955\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":9957,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9955\/revisions\/9957"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9953"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9955"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9955"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9955"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}