{"id":13196,"date":"2026-09-25T16:00:45","date_gmt":"2026-09-25T15:00:45","guid":{"rendered":"https:\/\/basquetcoruna.com\/?p=13196"},"modified":"2026-09-27T19:01:51","modified_gmt":"2026-09-27T18:01:51","slug":"vegalsa-eroski-prolonga-por-sexto-ano-consecutivo-a-sua-alianza-co-club-basquet-coruna","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/vegalsa-eroski-prolonga-por-sexto-ano-consecutivo-a-sua-alianza-co-club-basquet-coruna\/","title":{"rendered":"Vegalsa-Eroski prolonga por sexto ano consecutivo a s\u00faa alianza co Club B\u00e1squet Coru\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p>Vegalsa-Eroski renova, por sexto ano consecutivo, o seu apoio ao Club B\u00e1squet Coru\u00f1a. O acordo, mediante o cal a compa\u00f1\u00eda galega de distribuci\u00f3n alimentaria contin\u00faa sendo patrocinador oficial do equipo na tempada 2026\/2027, formalizouse esta ma\u00f1\u00e1 no Coliseum, da man do director xeneral da compa\u00f1\u00eda, Jos\u00e9 Manuel Ferre\u00f1o, e do presidente do club, Pablo De Amallo.<\/p>\n<p>Ambas as entidades queren seguir impulsando un proxecto conxunto que vai m\u00e1is al\u00f3 da pista, apostando polo deporte como veh\u00edculo de transformaci\u00f3n social. \u201cDesde Vegalsa-Eroski reafirmamos o noso compromiso co Club B\u00e1squet Coru\u00f1a, especialmente nunha tempada tan ilusionante como a que est\u00e1 a piques de comezar, marcada polo regreso do equipo \u00e1 liga ACB. Compartimos co club valores que van moito m\u00e1is al\u00e1 da competici\u00f3n e que te\u00f1en que ver co compromiso coas persoas, a solidariedade e a promoci\u00f3n de h\u00e1bitos de vida saudables. Con este acordo, sumamos forzas para que o deporte siga sendo unha ferramenta de impacto positivo na nosa sociedade\u201d, sinalou o director xeral de Vegalsa-Eroski, Jos\u00e9 Manuel Ferre\u00f1o.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, o presidente do Club B\u00e1squet Coru\u00f1a, Pablo De Amallo, agradeceu a Vegalsa-Eroski a s\u00faa aposta pola entidade laranxa: \u201cCando as alianzas se prolongan no tempo \u00e9 cando podemos desenvolver proxectos s\u00f3lidos e traballar eficazmente nos obxectivos que nos unen. Como club, temos a responsabilidade de que o deporte sexa unha verdadeira escola de valores para as novas xeraci\u00f3ns de deportistas e de cidad\u00e1ns, e para iso necesitamos compa\u00f1eiros de viaxe que compartan esa visi\u00f3n e aposten por ela de xeito sostido no tempo. Estamos moi agradecidos a Vegalsa-Eroski por seguir formando parte deste cami\u00f1o e axudar a que o baloncesto redunde positivamente na nosa comunidade m\u00e1is al\u00f3 da pista\u201d, engadiu De Amallo.<\/p>\n<p>Deporte con prop\u00f3sito<\/p>\n<p>O acordo entre Vegalsa-Eroski e o Club B\u00e1squet Coru\u00f1a non se limita ao \u00e1mbito deportivo, sen\u00f3n que se proxecta cara \u00e1 comunidade con acci\u00f3ns que promoven un estilo de vida saudable e solidario. Entre as actividades que se levar\u00e1n a cabo no marco desta colaboraci\u00f3n est\u00e1 a celebraci\u00f3n de talleres sobre h\u00e1bitos de vida saudables durante os campus infant\u00eds de Nadal, Semana Santa e ver\u00e1n e a colaboraci\u00f3n entre entidades para levar a cabo causas solidarias, entre elas visitas dos xogadores profesionais ao Hospital Materno Infantil da Coru\u00f1a ou encontros con usuarios de Down Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>Ademais, desenvolveranse actividades internas dirixidas \u00e1s persoas que forman parte de Vegalsa-Eroski, como unha xornada de encontro cos xogadores do primeiro equipo e sorteos de entradas dirixidos tanto a persoal interno como clientes. A compa\u00f1\u00eda ser\u00e1 tam\u00e9n patrocinadora do resultado final de cada cuarto de todos os partidos da tempada e patrocinadora oficial dun dos partidos da liga regular, en concreto do derbi Leyma vs Obradoiro.<\/p>\n<p>Sobre o Club B\u00e1squet Coru\u00f1a<\/p>\n<p>O Club B\u00e1squet Coru\u00f1a, fundado en 1996, \u00e9 a entidade referente do deporte da canastra na cidade e a s\u00faa \u00e1rea de influencia. Pos\u00fae unha das maiores canteiras de toda Galicia, con preto de 800 nenos e nenas entre equipos federados e escolas vinculadas. O Club, que cumpre esta tempada os trinta anos de vida, impulsa numerosas iniciativas de promoci\u00f3n do baloncesto talles como campus, xornadas de portas abertas, charlas e visitas dos xogadores profesionais a centros educativos, as\u00ed como concursos escolares, todo iso nun marco de concienciaci\u00f3n social cara aos valores do deporte e os h\u00e1bitos saudables.<\/p>\n<p>Sobre Vegalsa-Eroski<\/p>\n<p>Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e Le\u00f3n con 292 establecementos entre propios e franquiciados baixo as marcas comerciais hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski Center, Autoservizos Familia, Cash Marca, Eroski City, Aliprox e Eroski Rapid. A s\u00faa estrutura comercial complem\u00e9ntase cunha moderna plataforma de mercanc\u00edas xerais situada en Sig\u00fceiro, A Coru\u00f1a, dotada con tecnolox\u00edas lox\u00edsticas de \u00faltima xeraci\u00f3n, al\u00e9n das plataformas de produtos frescos da Coru\u00f1a e centros de redistribuci\u00f3n en Vigo e Ourense.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vegalsa-Eroski renova, por sexto ano consecutivo, o seu apoio ao Club B\u00e1squet Coru\u00f1a. O acordo, mediante o cal a compa\u00f1\u00eda galega de distribuci\u00f3n alimentaria contin\u00faa sendo patrocinador oficial do equipo na tempada 2026\/2027, formalizouse esta ma\u00f1\u00e1 no Coliseum, da man do director xeneral da compa\u00f1\u00eda, Jos\u00e9 Manuel Ferre\u00f1o, e do presidente do club, Pablo De [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":13192,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-13196","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-primer-equipo-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13196","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13196"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13196\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13198,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13196\/revisions\/13198"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13192"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13196"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13196"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13196"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}