{"id":12926,"date":"2026-08-14T13:35:01","date_gmt":"2026-08-14T12:35:01","guid":{"rendered":"https:\/\/basquetcoruna.com\/?p=12926"},"modified":"2026-08-14T13:35:01","modified_gmt":"2026-08-14T12:35:01","slug":"que-medre-a-arroutada-xurxo-souto-e-o-sentimento-que-move-ao-basquet-coruna","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/que-medre-a-arroutada-xurxo-souto-e-o-sentimento-que-move-ao-basquet-coruna\/","title":{"rendered":"&#8220;Que medre a arroutada!&#8221;: Xurxo Souto e o sentimento que move ao B\u00e1squet Coru\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p><strong>O l\u00edder de Os Diplom\u00e1ticos de Monte Alto protagoniza un v\u00eddeo que conecta a esencia do club coa forza irracional dunha cidade chantada no Atl\u00e1ntico, cando faltan poucas semanas para o debut fronte ao Bar\u00e7a no regreso \u00e1 ACB.<\/strong><\/p>\n<p>En 1995, Os Diplom\u00e1ticos de Monte Alto publicaron o seu primeiro \u00e1lbum. Cham\u00e1base <em>Arroutada Pangalaica<\/em>. Era a forza vital dos barrios, da xente humilde, de quen fixo rock and roll en galego cando ningu\u00e9n imaxinaba que iso fose posible.<\/p>\n<p>Pero a arroutada latexa na Coru\u00f1a dende sempre: no Entroido Choqueiro; nos barrios; no Atl\u00e1ntico. \u00c9 un impulso que percorre a cidade e que reaparece cada vez que algu\u00e9n decide que as cousas poden ser doutra forma.\u00a0<strong>Agora, esa mesma forza ten cor laranxa: \u00e9 o sentimento do B\u00e1squet Coru\u00f1a.<\/strong><\/p>\n<p>E \u00e9 Xurxo Souto, l\u00edder dos Diplom\u00e1ticos, quen lle pon voz nun v\u00eddeo que o club publica hoxe.<\/p>\n<p><em>&#8220;Arroutada \u00e9 a forza vital. Ese talento que sae dende dentro e que che permite cambiar as cousas&#8221;<\/em>, explica Souto.\u00a0<em>&#8220;Dinche &#8216;as cousas te\u00f1en que ser as\u00ed&#8217;. Non! Eu penso que poden ser doutra forma grazas \u00e1s nosas capacidades, \u00e1 nosa confianza interior. Un impulso irracional, paixoal, que \u00e9 quen de cambiar o mundo e a propia realidade&#8221;<\/em>.<\/p>\n<p><strong>A historia recente do B\u00e1squet Coru\u00f1a \u00e9 o triunfo do imposible.<\/strong>\u00a0Un club que chegou \u00e1 ACB saltando todos os cami\u00f1os creados previamente. Que encheu o Pazo de Deportes e agora enche o Coliseum. Que o vindeiro\u00a0<strong>26 de setembro abrir\u00e1 a nova tempada visitando ao Bar\u00e7a<\/strong>, un escenario que hai ben poucos anos pertenc\u00eda ao terreo dos so\u00f1os. Todo iso \u00e9 arroutada.<\/p>\n<p>Souto veo con claridade:\u00a0<em>&#8220;A Coru\u00f1a \u00e9 unha pedra chantada no Atl\u00e1ntico. Vivimos na r\u00faa, pero convivimos coas grandes magnitudes da natureza. Co oc\u00e9ano, co mar, co vento. A Coru\u00f1a \u00e9 puro realismo m\u00e1xico. Como B\u00e1squet Coru\u00f1a: puro realismo m\u00e1xico&#8221;<\/em>.<\/p>\n<p>Para o m\u00fasico e escritor,\u00a0<strong>o B\u00e1squet Coru\u00f1a \u00e9 un s\u00edmbolo maior da identidade coru\u00f1esa<\/strong>, un lugar onde miles de persoas sit\u00faan a s\u00faa felicidade. Por iso a arroutada dos Diplom\u00e1ticos e a do club son, no fondo, a mesma:\u00a0<strong>a da xente que decide que as cousas poden ser doutra forma. E fai que sexan.<\/strong><\/p>\n<p><em>&#8220;So\u00f1emos. Vivamos. O poder da arroutada. As cousas non son como nos din que te\u00f1en que ser, sen\u00f3n como poden ser no noso coraz\u00f3n.&#8221;<\/em><\/p>\n<p><strong>Que medre a arroutada. Que medre o B\u00e1squet Coru\u00f1a.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Sa\u00fade, arroutada e emoci\u00f3n.<\/strong><\/p>\n<p><strong>PODES VER O V\u00cdDEO <a href=\"https:\/\/www.instagram.com\/reels\/DcBUKywKAFI\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">AQU\u00cd<\/a><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O l\u00edder de Os Diplom\u00e1ticos de Monte Alto protagoniza un v\u00eddeo que conecta a esencia do club coa forza irracional dunha cidade chantada no Atl\u00e1ntico, cando faltan poucas semanas para o debut fronte ao Bar\u00e7a no regreso \u00e1 ACB. En 1995, Os Diplom\u00e1ticos de Monte Alto publicaron o seu primeiro \u00e1lbum. Cham\u00e1base Arroutada Pangalaica. Era [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":12925,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-12926","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-primer-equipo-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12926","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12926"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12926\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12929,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12926\/revisions\/12929"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12925"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12926"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12926"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/basquetcoruna.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12926"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}