O Club Basquet Coruña celebrará unha nova edición do seu Campus semana Santa 2025. Nesta ocasión terá lugar os días 14, 15, 16 e 21 de abril.
A actividade lúdico-deportiva que abre hoxe as súas inscricións é un campamento que busca a promoción do baloncesto nun contexto de lecer e diversión e está dirixido a nenos e nenas nacidos entre 2013 e 2019 (ambos incluídos). Os participantes agruparanse por grupos de idade e nivel, favorecendo así a diversión e o maior aproveitamento do Campus.
O Campus terá lugar no Polideportivo de Agra 2 en horario de 09h a 14h, con opción de madrugadores dende as 8h00 e horario prolongado ata as 14h30, e desenvolverano monitores e adestradores con formación específica en baloncesto. O obxectivo das sesións será a mellora dos fundamentos técnico-tácticos, sen esquecer o compoñente de diversión. Dentro das actividades que terán lugar dentro do Campus, cabe destacar a excursión con visita ao adestramento do equipo ACB no Coliseum.
O Campus conta cun seguro de accidentes para poder facer fronte ás atencións médicas que puidesen ser necesarias durante a súa celebración.
O prezo xeral será de 120€* e se pertences á #FamiliaLaranxa (abonados, fillos de abonados e xogadores do club) o importe será de 100€*.
* Se asisten 2 irmáns ao campus, o segundo terá un 10% de desconto.
* Madrugadores: suplemento de 10€.
* Horario prolongado ata as 14h30: suplemento de 5€.
O prezo inclúe 2 invitacións para o partido Leyma Coruña – Coviran Granada do 19 de abril.
Desde o Básquet Coruña convidámosvos a anotarvos ao noso Campus de Semana Santa e gozar dunha experiencia formativa que aúna baloncesto e diversión. Esperámosvos!
Política de devolucións:
En caso de cancelación dunha inscripción antes do 15/03/2025:
procederase á devolución do 70% do importe pago.
En caso de cancelación dunha inscrición entre o 16/03/2025 e o 30/03/2025:
procederase UNICAMENTE á devolución do 50% do importe pago.
En caso de baixas despois do 30/03/2024 e durante o desenvolvemento do campus:
Terase dereito a devolución unicamente no caso de baixa por causa de forza maior debidamente acreditada.
En caso de abandono voluntario ou por unha causa non tipificada como de forza maior, non haberá dereito a ningunha devolución.
Prezos (tarifa de servizo e impostos incluídos)*
Inscríbete na seguinte ligazón: https://app.cluber.es/clubes/d7841223f620c1e3ad0d851338faf9fcbe9d43f1/pagos/67adaf2636bbb196195626