Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 1ªDiv: Bosco Salesianos 56-64 Leyma Básquet Coruña · 22/04/2017 20:00 Salesianos (Ourense) || Senior Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma 42-62 BBCA Coruña Leyma · 23/04/2017 12:00 Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma - BBCA Punta Penencia · 22/04/2017 12:00 Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 108-12 Esclavas · 23/04/2017 17:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 02 53-54 Ferrol CB · 22/04/2017 20:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Seguros Ramos Fraga, Basket Ferrol 78-26 Básquet Coruña 01B · 23/04/2017 10:00 Emilia Pardo Bazan Ferrol || Cadete Masc. 2ªDiv: CD Los Rosales 76-32 Básquet Coruña 02B · 23/04/2017 12:00 Los Rosales || Infantil Fem. 1ªDiv: Divino Maestro Ouresne 68-69 Básquet Coruña Leyma · 23/04/2017 16:00 Pol. Julio Pietro Ourense || Infantil Masc. 1ªDiv: Toolmaker Seis do Nadal 52-51 Básquet Coruña · 22/04/2017 20:00 Balaidos || Pre-Inf Masc.: Baloncesto Naron 51-63 Basquet Coruña Pi · 22/04/2017 12:00 A Gándara || Infantil Masc. 3ªDiv: Compañía de María 28-35 Básquet Coruña 03B · 23/04/2017 10:00 Elviña II || Infantil Masc. 3ªDiv: Obradoiro - Básquet Coruña Monte das Moas · 22/04/2017 12:00 Elviña II || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma 52-64 Culleredo · 23/04/2017 17:00 Riazor 1 || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Be One CB Ria de Ribadeo - Básquet Coruña · 01/05/2017 12:00 Municipal Novo || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Obradoiro 06 33-45 Básquet Coruña Montespiño · 22/04/2017 17:30 Agra II || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma 06 33-36 Obradoiro · 22/04/2017 17:30 Agra 2 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Franciscanas Coruña 12-62 Básquet Coruña 06 · 22/04/2017 16:00 Agra II || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 05 39-40 Latorre · 22/04/2017 09:30 Agra II || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña Eusebio da Guarda 21-71 CEIP Bergondo · 22/04/2017 11:00 Agra II || Preminibasquet Masc.: Básquet Coruña 07 62-12 Montrove · 23/04/2017 11:00 Agra II

Primer equipo | 10/04/2017 21:34

Tito Díaz:

Tito Díaz: “lo importante es hacer nuestro baloncesto, hasta donde nos lleve”

Os laranxas regresan á cancha de Riazor este mércores véspera dos festivos de Semana Santa. Será o penúltimo partido en casa no calendario da fase regular e, como lembrou hoxe Tito Díaz, todo está por ver. No que concierne ao conxunto herculino "matematicamente aínda podemos ter o factor cancha a favor e aínda podemos quedar fora do playoff". É o que sucede nunha igualadísima liga "na que calquera pode gañar a calquera".

No caso do rival do mércores, o TAU Castelló desembarcará na cidade co empuxón moral de gañar por 14 puntos ao conxunto melillense e a tranquilidade de asegurar a súa permanencia a tres xornadas de finalizar a liga. Sen opcións para o playoff, os castellonencos xogarán sen presión e serán por tanto dobremente perigosos, posto que a pesar da súa irregularidade durante a tempada demostraron o seu bo xogo. Mostra diso foi o partido contra o Leyma Coruña na súa pista, que lograron levar nos últimos minutos grazas á súa superioridade no rebote e ao acerto anotador.

Do persoal dirixido por Toni Ten, o técnico laranxa destacou a Borja Arévalo, a base máis valorado da categoría, acompañado de Joan Faner, unha base puro que imprime rapidez e ritmo ao equipo. Unha velocidade que secundan á perfección dous escoltas complementarios e moi incisivos, Edu Durán e Chema García, mentres que o xogo no poste baixo protagonízano os beirados Juan Cabot e Sergio Rodríguez, especialmente efectivos en combinación co catro abertos Kyle Cooper e Fede Uclés. Ademais, a posición de pivote que alternaban Maodo Nguirane e Alex Herrera viuse reforzada coa fichaxe de Deivids Busma desde finais de xaneiro.

Sobre o choque deste mércores, Tito Díaz manifestou que de novo serán importantes o rebote e unha defensa sólida e sen fochancas durante os 40 minutos, ademais da paciencia para esperar as oportunidades de ataque. Neste sentido, manifestou a súa satisfacción pola boa resposta dos laranxas no Prat despois dos altibaixos dos dous anteriores encontros, e reiterou que o importante no tres duelos pendentes de disputar é xogar como un equipo, independentemente de lograr a clasificación para a loita polo ascenso á ACB, á que en caso de chegar demostrarán ser competitivos precisamente polo seu traballo colectivo. "O máis importante é facer o noso baloncesto, ata onde nos leve", destacou, ademais de pedir unha vez máis o apoio da afección, que se demostrou esencial nas vitorias conquistadas en Riazor.

Documentos adjuntos

tito-diaz-previa-j32.m4a











federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankcoca colaaltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial