Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 1ªDiv: Mimela EDM Estrada - Leyma Básquet Coruña · 25/03/2017 18:00 Manuel Coto Ferreiro - Pontevedra || Senior Masc. 3ªDiv: Baloncesto Cambre - Básquet Coruña Senior · 26/03/2017 17:00 Sofía Toro- Cambre || Junior Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña - Club Ourense Baloncesto · 26/03/2017 12:00 Riazor 2 || Junior Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma - Trebóns Basket Club · 25/03/2017 10:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: BBCA Praia de Cariño - Básquet Coruña 00 · 25/03/2017 18:00 Javier Gomez Noya- Ferrol || Junior Masc. 2ªDiv: Ferrol CB - Básquet Coruña 00B · 26/03/2017 19:00 Esteiro- Ferrol || Cadete Fem. 2ªDiv: CB Artai - Básquet Coruña Leyma · 25/03/2017 20:00 Vila de Noia || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña - ACB Costa da Morte · 26/03/2017 17:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Santo Domingo Betanzos - Básquet Coruña 01B · 25/03/2017 10:00 Pol.Muni. Betanzos || Cadete Masc. 2ªDiv: Baloncesto Cambre - Básquet Coruña 02B · 25/03/2017 10:00 Poli. o Temple || Infantil Fem. 1ªDiv: PBB - Básquet Coruña Leyma · 25/03/2017 16:00 Porriño 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: CB Allariz - Básquet Coruña · 26/03/2017 17:00 Muni. Allariz || Pre-Inf Masc.: Basquet Coruña Pi - Autocares Gonzalez Seis do Ndal · 26/03/2017 12:00 Ventorrillo || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma 04 - Star Center Uni Ferrol · 26/03/2017 10:00 Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Estudiantes Leyma Natura - Básquet Coruña Leyma · 25/03/2017 10:00 Pazo Provincial- Lugo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña - BBCA Praia de Ponzos · 26/03/2017 17:00 Riazor 1 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Jesuitinas A - Básquet Coruña Montespiño · 26/03/2017 09:30 Agra II || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma 06 - Compañía de María A · 25/03/2017 09:30 Agra II || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 05 - Basquet Coruña Cristo Rey · 25/03/2017 16:00 Agra II || Preminibasquet Fem.: Compañía de maría - Básquet Coruña Leyma 07 · 25/03/2017 19:00 Agra II || Preminibasquet Fem.: Básquet Coruña Montespiño - Esclavas Blanco · 25/03/2017 18:30 Sofía Toro- Cambre || Preminibasquet Masc.: Básquet Coruña 07 - CB Arteixo · 25/03/2017 11:00 Agra II || Preminibasquet Masc.: Básquet Coruña 08 - Calasancias · 26/03/2017 11:00 Agra II || Preminibasquet Masc.: Básquet Coruña Cristo Rey - Franciscanos Coruña · 25/03/2017 17:30 Agra II || Preminibasquet Masc.: Básquet Coruña Eusebio da Guarda 07 - Liceo La Paz · 26/03/2017 12:30 Agra II || Preminibasquet Masc.: Básquet Coruña Eusebio da Guarda 08 - Jesuitinas B · 25/03/2017 12:30 Agra II

Primer equipo | 02/03/2017 16:51

Tito Díaz: "Debémonos unha en casa"

Tito Díaz: “nos debemos una en casa”

Mañá venres ás 21:00 horas en Riazor, o Leyma Coruña mídese a un enrachado Cáceres Patrimonio da Humanidade, que chega á nosa cidade cun balance de catro vitorias no últimos cinco encontros disputados, e que venceu aos laranxas na primeira volta da competición.

Para ter opcións de gañar esta vez, o adestrador laranxa explicou na análise previa do choque que será necesario facer "un partido moi serio contra un gran rival, nun gran momento de forma e resultados". Destacou o perigo do seu xogo rápido chegando en transición, abrindo moito o campo, facilitando tanto as penetracións a canastra como os tiros liberados, e xogando con catro exteriores porque a súa á pivote Sergio Pérez actúa como beirado e sumar ao caudal anotador de Nikola Rakocevic e Luís Parejo, especialmente.

Por se fose pouca a ameaza exterior, o xogo aberto que xera o Cáceres Patrimonio da Humanidade fai posible a súa segunda baza ofensiva: a letalidade no poste baixo da man de Sandi Marcius, que está promediando 14 puntos, 8 rebotes e foi o MVP da LEB Ouro en febreiro. E a todo iso hai que engadir a agresividade dos de Ñete Bohigas no un contra un, provocando faltas e buscando o tiro libre.

En consecuencia, pediu máxima concentración defensiva para os laranxas, seguir gañando a batalla do rebote como na recente vitoria en Burgos, e evitar a precipitación que xogou malas pasadas nalgúns dos últimos encontros. Sen perder a alegría nin deixar de ser valentes, Tito Díaz pediu boa colocación e paciencia para buscar as mellores opcións cando non sexa posible correr. Tampouco esqueceu manifestar a súa satisfacción pola progresiva adaptación dos recentemente incorporados ao equipo, Justin Johnson e Kyle Rowley, que axudarán ao Leyma Coruña a seguir crecendo e competindo.

"Debémonos unha a nós mesmos", reflexionou, en relación á última derrota en casa contra o rioxano Calzados Robusta, e pediu o apoio da afección coruñesa para seguir na ilusionante loita por entrar nos playoff de ascenso á ACB.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz--previa-j26.m4a











federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankcoca colaaltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial