Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 1ªDiv: Bosco Salesianos 56-64 Leyma Básquet Coruña · 22/04/2017 20:00 Salesianos (Ourense) || Senior Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma 42-62 BBCA Coruña Leyma · 23/04/2017 12:00 Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma - BBCA Punta Penencia · 22/04/2017 12:00 Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 108-12 Esclavas · 23/04/2017 17:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 02 53-54 Ferrol CB · 22/04/2017 20:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Seguros Ramos Fraga, Basket Ferrol 78-26 Básquet Coruña 01B · 23/04/2017 10:00 Emilia Pardo Bazan Ferrol || Cadete Masc. 2ªDiv: CD Los Rosales 76-32 Básquet Coruña 02B · 23/04/2017 12:00 Los Rosales || Infantil Fem. 1ªDiv: Divino Maestro Ouresne 68-69 Básquet Coruña Leyma · 23/04/2017 16:00 Pol. Julio Pietro Ourense || Infantil Masc. 1ªDiv: Toolmaker Seis do Nadal 52-51 Básquet Coruña · 22/04/2017 20:00 Balaidos || Pre-Inf Masc.: Baloncesto Naron 51-63 Basquet Coruña Pi · 22/04/2017 12:00 A Gándara || Infantil Masc. 3ªDiv: Compañía de María 28-35 Básquet Coruña 03B · 23/04/2017 10:00 Elviña II || Infantil Masc. 3ªDiv: Obradoiro - Básquet Coruña Monte das Moas · 22/04/2017 12:00 Elviña II || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma 52-64 Culleredo · 23/04/2017 17:00 Riazor 1 || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Be One CB Ria de Ribadeo - Básquet Coruña · 01/05/2017 12:00 Municipal Novo || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Obradoiro 06 33-45 Básquet Coruña Montespiño · 22/04/2017 17:30 Agra II || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma 06 33-36 Obradoiro · 22/04/2017 17:30 Agra 2 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Franciscanas Coruña 12-62 Básquet Coruña 06 · 22/04/2017 16:00 Agra II || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 05 39-40 Latorre · 22/04/2017 09:30 Agra II || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña Eusebio da Guarda 21-71 CEIP Bergondo · 22/04/2017 11:00 Agra II || Preminibasquet Masc.: Básquet Coruña 07 62-12 Montrove · 23/04/2017 11:00 Agra II

Equipos base | 10/04/2017 14:05

O Club homenaxea aos xogadores do 98 formados en todas as categorías basee cun padriño de excepción, Manu Pereira

El Club homenajea a los jugadores del 98 formados en todas las categorías base con un padrino de excepción, Manu Pereira

Este mércores día 12 en Riazor viviremos un momento especial durante o descanso do partido do noso primeiro equipo fronte ao TAU Castelló, fixado para as 21:00 horas. O Club renderá homenaxe aos xogadores que terminaron a pasada tempada o seu periplo polas categorías basee e chegaron este ano á idade senior, todos eles novos deportistas que permaneceron no club desde minibasket. E para iso contará cun padriño de excepción, Manu Pereira, un dos xogadores históricos do Básquet Coruña, con varias etapas como xogador do primeiro equipo cando se chamaba Sondaxes do Norte, e con continuidade na época dos ascensos de Liga EBA a Leb Bronce e de Leb Bronce a Leb Prata. 

Manu é outro gran exemplo para os xogadores dos equipos basee, xa que foi capaz de compaxinar a súa carreira como xogador profesional cos estudos académicos que lle levaron a ser enxeñeiro de Telecomunicacións. Renderemos homenaxe así a un dos xogadores que viviu grandes momentos do club e dos máis queridos pola afección.

Con este acto de "gradación", posto en marcha desde o Club a pasada tempada, queremos lembrar que as nosas categorías basee son un alicerce esencial do club, garantía de futuro e fundamento para seguir acrecentando a afección ao baloncesto na nosa cidade. E agradecer moi especialmente a súa contribución directa ao proxecto do Club e ao fortalecemento dos nosos ideais deportivos mediante o xogo limpo, a solidariedade, o entusiasmo e o permanente afán de superación exhibidos en tantas pistas dentro e fóra de Galicia.

Os graduados da xeración do 98 tras o seu paso por todas as categorías de formación son Daniel Paniagua, Javier Rei, Jorge Castiñeira, Manuel Loira, Mateo Caamaño, Pablo Sánchez, Pedro Béjar, Daniel Mariño e Rubén Ríos. No descanso do partido, terémolos na pista para recibir o recoñecemento de toda a familia laranxa e o aplauso da bancada, arroupados por Manu Pereira.










federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankcoca colaaltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial