Crónica Leyma 07- Obradoiro: Leyma 07 CAMPIOAS!

Último partido da liga local, disputado a tarde do domingo no pavillón da Sacra Familia, no cal o Leyma 07 e o Obradoiro xogábanse o campionato, que se saldou cunha axustada vitoria a favor das laranxas por 45-41.

O Leyma 07 saíu moi forte os 2 primeiros cuartos, conseguindo unha cómoda vantaxe en o marcador que ao cabo foi definitiva. Pola súa banda o Obradoiro, lonxe de renderse, seguiu pelexando todo o partido ata pór en serios apuros ao Leyma 07, que vía como aos poucos, as colegialas grazas ao seu bo xogo íanse achegando no marcador.

Partido moi igualado, no que ao final calquera equipo púidose levar a vitoria, pero esta vez a sorte estivo ao lado do Leyma 07.

Felicitar ás xogadoras dos 2 equipos, polo bo partido disputado, e en especial ao Leyma 07, un equipo formado por 15 xogadoras de diferentes idades, nacidas no 2007-2008- 2009.

Parabén polo campionato e a seguir gozando do baloncesto.